13.11.06
Lingua, software e 'bancos de tempo'
A Consellaría de Traballo anunciaba hai uns días que Galicia vai ser a primeira comunidade que regule por lei os ‘bancos de tempo’ e atribúelle aos concellos a responsabilidade de poñelos en marcha e xestionalos.
Internet e as aplicacións informáticas son fundamentais tanto para dar a coñecer os ‘bancos de tempo’ coma para o seu funcionamento.
Comentaba estoutro día con Deposito que a Consellaría de Traballo non deu moita máis información sobre o tema así que é de supoñer que o proxecto aínda non está desenvolvido de todo. Xa que logo, na liña de converter aos ‘bancos de tempo’ en novos espazos para o uso do galego, é o momento de demandar a tradución á nosa lingua e adaptación á lei galega de Cyclos ou algún programa semellante en código aberto.