27.2.06

A cidade da selva II

Estrease o xoves, 2 de marzo, ás 19:30 h na Casa da Cultura de Fene e alí van estar varios dos protagonistas

26.2.06

A cidade da selva



A cidade da selva era un refuxio para os guerrilleiros no Barco de Valdeorras e agora é tamén o título dun documental que recolle, a través dos testemuños dos protagonistas, a historia da guerrilla e dos fuxidos en Galicia. Este traballo de Nemedón Produccións, levado adiante por Helena Villares e Pilar Faxil, estréase o vindeiro xoves, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Fene no marco do ciclo NON DES AO ESQUECEMENTO. A NOSA MEMORIA 1936-1978. Na estrea estarán investigadores e tamén algunhas das persoas que aparecen nunha película que abarca desde os tempos da República ata a morte do último guerrilleiro, no ano 1954. O ciclo Non des ao esquecemento consitirá nunha serie de conferencias, táboas redondas e proxeccións fílmicas sobre o franquismo e terá lugar na Casa da Cultura fenesa até finais de abril. Poñerá o punto e final a inauguración dunha escultura de José Luis Loureiro alusiva ao ‘Ano da memoria’.

24.2.06

Parabens, Vieiros

E que cumpras moitos máis!

Por certo, hai un que por pouco pon a foto da primeira comuñon :-)

Verdades coma puños e cuestión de oportunidade


Na ‘Conferencia Internacional sobre software libre’ que tivo lugar en Málaga un especialista de Sun Microsystems, Simon Phipps, sinalou o obstáculo que na súa opinión impide a expansión do software libre: «o monopolio do inglés como idioma das distribucións. Cómpre afondar na localización dos produtos para adaptalos á realidade cultural do usuario».

Pola súa banda, Alan Robertson, del Linux Technology Center, na liña que xa anticiparan os autores do Libro blanco del software libre en España insistiu en que «a posibilidade de que proxectos moi prometedores acaben desaparecendo por non chegar a unha masa crítica de usuario». Neste sentido, recomendou que as plataformas a nivel de Estado se reduzan a dúas ou tres para poder xerar economías de escala e non ficar reducidas ao ámbito educativo.

En Galiza, que está practicamente todo por facer, deberiamos ser quen de aprender doutras experiencias para que o minifundismo mental e os intereses de grupos e empresas acaben reproducindo e amplificando os mesmos erros.

Cómpre comezar sobre bases sólidas e confluírmos ao redor dun espazo común que homologue, estandarice, localice, produza e difunda software libre na nosa lingua.

A idea hai tempo que circula. Mesmo algún proxecto. Só fai falta que alguén tome a iniciativa e a leve a cabo.

O Igape anuncia que aportará o 15% do investimento aos proxectos empresariais que se ubiquen en Ferrolterra e o BOE do 23 de febreiro publicaba a Resolución do 10 de febreiro de 2006, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se efectúa a convocatoria do ano 2006, para a concesión de axudas para actuacións de reindustrialización nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Localizar e producir software é i+d+i, crea emprego e reindustrializa.

23.2.06

Servizos persoais á comunidade e política municipal


Tomando como referencia a súa propia experiencia, Alfonso Filgueira reflexiona en Interea Visual. Xaneiro’2066 sobre as vantaxes do modelo integral de servizos persoas á comunidade que prestan os concellos. Aínda que unha cousa é o funcionamento do Servizo Sociocomunitario de Narón, non me cabe dúbida que o modelo integral é o referente a seguir.

Vintecinco anos

Por máis que fun compilando documentación e nestes últimos días saíron ao mercado novos textos, sigo vendo moitos puntos escuros en toda esta historia.

22.2.06

De viaxe por Cataluña






Chamoume a atención:


21.2.06

Contrastes

Calidonia está en condicións de falarnos da súa análise da comunidade blogueira en galego. De momento, só lin a primeira entrega de 1000 e 1 blos en galego e xa estou desexando que chegue a segunda. Rigor e perspectiva de país.

Todo un contraste co informe A sociedade da información en Galicia: situación actual e tendencias. eGalicia 2005 que o o Observatorio das Tecnoloxías da Información e Comunicación de Galicia –dependente da Consellería de Innovación e Industria- facía público a finais do ano pasado. Un informe refirido na súa meirande parte á realidade española. Con esta perspectiva, dedica o seu apartado 8.3.1 (páxs. 195 a 197) aos webogs e, consecuentemente, ignora a realidade galega para reproducir unha táboa cos “weblog de maior relevancia en español segundo atalaya.com e technorati.com”.

20.2.06

Cara a un solpor de gatos



Paga moito a pena. Sobre todo, os poemas máis breves.

Que demasiao!

O secretario xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada, destacou que o 83.9% dos galegos "apostan de xeito rotundo por un modelo propio para a reforma do Estatuto de Galiza, considerando deste xeito que o modelo catalán non é un referente do camiño que se debe seguir".

Vieiros, 20-02-06


Dende que Losada dirixe mediante quintana interposto ao BNG, andamos que brincamos de contentos. Non hai inquérito e tertuliano que non reafirmen as teses e os discursos deste mercenario aprendiz de meigo.

A inmensa maioría do persoal semella que está encantada ou non o suficientemente cabreada para dicir até aquí cheguei. Parte do problema pode que estea en que non temos memoria histórica –mesmo recente- e cando menos, até a noite das próximas eleccións, cremos que todo vai de marabilla.

A decepción agroma cando pechan os colexios, chegan os resultados das mesas electorais e observamos que comicio tras comicio seguimos en caída libre e, por máis que haxa quen utilice a conxuntura para tocar moqueta, pasamos de ser a segunda forza política á terceira. E porque non hai cuarta!

Son as noites de mirar para a leiriña e consolarnos coa propia ou coa do coñecido, dos laios ou de festexar derrotas non pírricas.

Agora, que as enquisas encargadas por Vicepresidencia dan os datos que dan e os barómetros de La Voz de Galicia e USC semellan ser máis favorábeis que como as interpreta Sondaxe, é o momento de facerlle honra ao título da bitácora e arriscar, de atreverse a diagnosticar.

Vai unha cea a que nas municipais, sinistro total. Baixo mínimos en Ferrol e Vigo; practicamente igual en Lugo e Santiago; nula rendibilización do cogoberno na Deputación, especialmente visíbel en Ferrolterra e moi poucas alcaldías no seu conxunto e menos nos concellos das vilas (nas de máis de 15.000 habitantes) mesmo nas que se participou no goberno. Outro día falarei da ‘síndrome Orozco’ -estou convencido que ten máis causas internas ca externas- pero por hoxe xa está ben.

Vilas dixitais?

Sábado tivo lugar a entrega da rede de Telecentros e a presentación do portal aspontes.net

Lía na prensa do domingo:

«Peticións de mellora e voces discordantes

Ao remate do acto, un veciño demandou que se poida levar a conexión a Internet ás vivendas a partir da antena instalada nos telecentros, para evitar así desprazamentos. Ademais, representantes dunha asociación informática local amosaron o seu desacordo polo gasto destinado a crear un portal que dixeron que se podería facer por moito menos diñeiro.»

Fun mirar que opinaba a xente de AMIGUS, Asociación Informática d’As Pontes e, sen que sirva de precedente, a prensa tiña razón. No seu web podías ler –en castelán- a seguinte denuncia:

«As Pontes: aspontes.net a vergoña

Desde hoxe xa está aberto aspontes.net. O que tería que ser un portal cidadán, un proxecto que podería ser unha boa forma de fomentar o uso das novas tecnoloxías e a comunicación. Con botarlle unha pequena ollada, enténdese que isto non se vai poder conseguir con ese portal. É o web do Concello, con 4 ligazóns máis e uns foros "Powered by phpBB", que calquera rapaz os monta en 5 minutos, en 2 meses estarán pechados e censurados. Un Chat, que demostra que non se sabe o que é a canle #aspontes, funcionando desde hai 8 anos con mais de 250 usuarios rexistrados e unha media de 20 usuarios conectados.

E dos telecentros, con conexión "gratis" durante os próximos 2 anos... que darán servizo de Internet a non máis de 1000 habitantes, mentres no núcleo das Pontes só hai 3 ordenadores de acceso gratuíto na biblioteca para 10000 veciños.

Mañá en casa Dopeso preséntase oficialmente ás 11:30.. teremos que ir preguntar se saben en que investiron o diñeiro de Vilas Dixitais.... 900.000 euros... Perdeuse a mellor oportunidade de subirnos ao tren dixital.»


18.2.06

A xeito de explicación



Intentarei socializar e mantelo máis ou menos ao día.

Vai ser un espazo tan disperso como quen o fai e con vocación de pepiñ@ grill@

E se non lle vías sentido ao título, algo ten que ver coa imaxe e a canción.