Calidonia está en condicións de falarnos da súa análise da comunidade blogueira en galego. De momento, só lin a primeira entrega de 1000 e 1 blos en galego e xa estou desexando que chegue a segunda. Rigor e perspectiva de país.
Todo un contraste co informe A sociedade da información en Galicia: situación actual e tendencias. eGalicia 2005 que o o Observatorio das Tecnoloxías da Información e Comunicación de Galicia –dependente da Consellería de Innovación e Industria- facía público a finais do ano pasado. Un informe refirido na súa meirande parte á realidade española. Con esta perspectiva, dedica o seu apartado 8.3.1 (páxs.