“O secretario xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada, destacou que o 83.9% dos galegos "apostan de xeito rotundo por un modelo propio para a reforma do Estatuto de Galiza, considerando deste xeito que o modelo catalán non é un referente do camiño que se debe seguir".
Vieiros, 20-02-06
Dende que Losada dirixe mediante quintana interposto ao BNG, andamos que brincamos de contentos. Non hai inquérito e tertuliano que non reafirmen as teses e os discursos deste mercenario aprendiz de meigo.
A inmensa maioría do persoal semella que está encantada ou non o suficientemente cabreada para dicir até aquí cheguei. Parte do problema pode que estea en que non temos memoria histórica –mesmo recente- e cando menos, até a noite das próximas eleccións, cremos que todo vai de marabilla.
A decepción agroma cando pechan os colexios, chegan os resultados das mesas electorais e observamos que comicio tras comicio seguimos en caída libre e, por máis que haxa quen utilice a conxuntura para tocar moqueta, pasamos de ser a segunda forza política á terceira. E porque non hai cuarta!
Son as noites de mirar para a leiriña e consolarnos coa propia ou coa do coñecido, dos laios ou de festexar derrotas non pírricas.
Agora, que as enquisas encargadas por Vicepresidencia dan os datos que dan e os barómetros de
Vai unha cea a que nas municipais, sinistro total. Baixo mínimos en Ferrol e Vigo; practicamente igual en Lugo e Santiago; nula rendibilización do cogoberno na Deputación, especialmente visíbel en Ferrolterra e moi poucas alcaldías no seu conxunto e menos nos concellos das vilas (nas de máis de 15.000 habitantes) mesmo nas que se participou no goberno. Outro día falarei da ‘síndrome Orozco’ -estou convencido que ten máis causas internas ca externas- pero por hoxe xa está ben.