25.11.06
Dun tempo e dun país
Gustoume “Salvador” e, na medida que me foi posíbel, seguín pola Rede e polémica que rodeu a estrea da película.
Saín do cine cunhas sensacións e tema conversa semellantes ás que describe Antón Baamonde na súa colaboración en “La Opinión”.
Tamén me impresionou o artigo “El otro muerto” que Marcos Ordoñez publicou en “El País” do 1/10/2006.
Agora, grazas a Vilawebtv souben dun documental de Martina Loher sobre o MIL (Movemento Ibérico de Liberación) que nos proporciona unha visión moi diferente do grupo armado á que nos ofrece “Salvador”.
O documental, que non ten distribución comercial, pode baixarse do Emule.