29.11.06
Formas e fondo
Se un concello solicita participar na Rede Cultural da Deputación da Coruña recibe, cando se resolve a convocatoria, unha notificación oficial coas actuacións que lle corresponden, asina un convenio coa Deputación que, entre outras cousas, fixa as obrigas dos grupos e compromete aos concellos a, por exemplo, subscribir un contrato con cada grupo que lle asignan ou cumprir as condicións de pagamento estipuladas.
Pode que non sexa o modelo a seguir pero do que non me cabe ningunha dúbida que é moito mellor que saber das actuacións por algún contacto ou polo web e non asinar ningún documento que reflicta cales son as obrigas de tódalas partes para, cando menos, facilitar non ter que andar pelexándose innecesariamente con secretaría e intervención.
De acordo en que había que lles dar tempo para aterrar pero é que xa vai máis dun ano! E o peor é que falas coa xente ou les o que se vai publicando e ves que non só teñen a mesma percepción, senón que vai "in crescendo".