20.11.06
Con pegada
Nunha entrevista ao fío da súa novela “El tiempo de los emperadores extraños”, contaba Ignacio del Valle a anécdota dun grupo de soldados españois na “División Azul” que recibía por sorpresa a visita dun alto oficial das SS para comunicarlles a chegada dunha compañía de reforzo formada exclusivamente por toureiros. Estrañados porque non se imaxinaban aos toureiros combatendo a 10º baixo cero, dirixíronse á estación ‘Carlos Gardel’, peculiar adaptación á fonética propia dun nome de difícil pronunciación. Non, non eran “toureiros”. O reforzo estaba formado por varios membros da garda civil vestidos con capa e tricornio.
Gustoume o xeito de contar de Del Valle, paréceme moi cinematográfico e, ademais, mestura moi ben a ficción e a realidade.
En fin, desta volta coincido coas librarías en que a súa última obra é unha novela con pegada.