
Suxería Barreiro Rivas que “cando un país entra nos pazos do Goberno pola porta de urxencia queimado, sería bo que houbera un servizo de urxencias que, antes de pasalo a un andar, serenara o proceso, establecera con claridade os diagnósticos, mandara as angarelas á sala de observacións e evitara calquera medida precipitada ou demagóxica que, para curar unha ferida, abra primeiro outra máis grande”.
Mágoa que no BNG non tiveran en conta a súa suxestión á hora de analizar os lumes forestais de este mes de agosto. Se está é a súa valoración política da vaga de incendios e as súas propostas de futuro para combatelos, que deus nos colla confesados!
P.S. Substituír o discurso e a argumentación política por unha serie de ‘frases titulares’ deixa nas hemerotecas pegadas como esta: “Culpable, el que enciende la cerilla, y responsable, el que no pone medios para impedir las causas: es decir, la Xunta”.