26.8.06
650
“A Secretaría Xeral de Política Lingüística recibiu, nos seis primeiros meses do ano, seiscentas corenta e nove solicitudes para a corrección ou tradución ao galego de diversos materiais de traballo, tanto de institucións públicas como privadas. Este servizo lingüístico da Xunta é un instrumento máis para facilitar e fomentar a progresiva galeguización das actividades mercantís, administrativas, asociativas, culturais ou publicitarias”. (...) O equipo de Marisol López realiza tarefas de asesoramento a empresas, colexios profesionais, notarías, ONG ou cámaras de comercio.
Inxenuo de min! Pensaba que o cometido da Secretaría Xeral era outro! Agora só falta que se estenda o exemplo e a Consellería de Vivenda poña a disposición de empresas e particulares un servizo de arquitect@s para facer e supervisar os proxectos de vivendas (bloques de pisos, pareados, adosados, unifamiliares....) que lle demanden as empresas e particulares.