23.10.06
Formación, lingua e contidos
O Plan agrupado de formación continua 2007 da Deputación da Coruña vai ser o último da lexislatura. Sería de agradecer que, cando menos neste, o ‘cambio’ se notara tanto en cuestións como a lingua en que se dispensan as aulas coma na oferta de cursos.
Na lingua, por exemplo, coa incorporación aos pregos de prescricións técnicas (cómpre ter en conta que unha boa parte dos cursos, nomeadamente os de informática, corren por conta de academias e outros centros de formación) de cláusulas que obriguen a utilizar as versións galegas do software (por exemplo, as interfaces do Windows XP e Microsoft Oficce 2003) e dispensar as aulas e proporcionar os apuntamentos na lingua oficial da administración local.
Nos contidos, mediante a oferta de cursos sobre, e tamén a modo de exempo, Linux, OpenOficce, Internet e correo electrónico utilizando o Firefox e o Thunderbird.......
É tanto pedir? Pois por non repetilo e dicilo con tempo de abondo que non sexa!