Espazo de "A Factoría de Producións Inútiles S+qL"
25.7.06
Titoriais de OpenOffice en galego
Leo en Mancomún que grazas ao traballo de Inestable podemos dispoñer en galego de manuais de introdución ao OpenOffice. Descargueinos e abofé que pagan a pena. Son, sen lugar a dúbidas, unha ferramenta moi útil para, por exemplo, que alguén os edite en papel xunto co CD do paquete ofimático ou organizar cursos de OpenOffice en aulas informáticas e telecentros.
Din que a curiosidade matou @ gat@
Se insistes........ son pasmón, peón con opinión.
E se non abonda, como cantaba Pablo Guerrero "aunque nunca me busques/me encontrarás"
No tocante a este espazo, é tan disperso como quen o fai e ten vocación de pepiñ@ grill@. Se non lle encontras sentido ao título, algo ten que ver coa imaxe do primeiro post