19.9.06

Sentimento nacionalista













Soa a manobra para alterar a correlación de forzas pero tampouco é a primeira que se rexistra na asemblea local. Unha das máis soadas tivo lugar pouco antes das municipais de 1999 e traduciuse na ‘reentré’ de Pablo Villamar e no goberno de coalición con Juan Gato e os seus ‘independentes’.

Non virían nada mal caras e propostas novas. A de Narón é a asemblea local da comarca coa ratio máis alta de cargos institucionais (Xunta e Deputación), orgánicos (consello e executiva comarcal e nacional) e sindicais por número de militantes. Tamén onde os citados cargos teñen moi pouca ou nula actividade e proxección social no propio concello e onde os resultados electorais semellan o ‘comboio descendente’ que cantaba o Zeca.

Entendo que as organizacións políticas teñen unhas regras de xogo e mesmo podo chegar a entender que a integración de colectivos siga un procedemento distinto que o das afiliacións individuais. Tamén que se lles esixa ás persoas identificación coa liña política da organización. Claro que esa mesma esixencia ou requirir que teñan ‘sentimento nacionalista’ non se debería aplicar tan só ás novas afiliacións senón que se debería facer extensiva a bilingüistas acreditados que encabezan candidaturas de cidades, ocupan cargos importantes no parlamento, organización e Xunta de Galicia…… E xa non imos falar do ‘sentimento progresista’ porque........