20.9.06

O que non se debe facer














O Delegado Provincial de Educación da Coruña enviou aos centros de ensino un correo electrónico no que, despois de explicar as recomendacións da Dirección Xeral de Protección Civil sobre a chegada dunha borrasca extraordinariamente profunda, conclúe emprazando á dirección dos colexios a que “sexan tomadas as medidas oportunas para evitar danos persoais e materiais no seu centro”. Dito noutros termos, bota balóns fóra, garda as súas costas e traslada toda a responsabilidade de suspender ou non as aulas ás direccións. O cambio tamén ten que se notar nas formas e quen goberna é a quen lle corresponde tomar as decisións máis acaídas.