9.9.06

PRODUCIR, ESPALLAR, LOCALIZAR… SOFTWARE EN GALEGO



Aínda que o título ten o seu aquel cos lemas que incluiamos nos ‘Lume’, desta volta non está vencellado a ningunha publicación clandestina. É o que escolleron as concellarías rexidas polo BNG en Compostela para convocar, coa colaboración de Mancomún, unha xornada de traballo na que reflexionar sobre a localización de software e a produción de software propio en Galicia. Entre os relatores, Elena Veiguela, Jordi Mas, Luis Teira, Manuel Portas, Juan Antonio Valiño e Ramón Flores. Para introducir os debates, Isabel Vaquero ou Carlos Neira. O programa da xornada? Algo xa saíu en Código Cero e, ademais, podes obter copia mediante o correo electrónico.

Como xa aconteceu con
Ciberlingua, o Departamento de Lingua Galega volve liderar e comprometerse cunha iniciativa que afonda na idea de facer do galego a ‘lingua informática do meu pobo’.

Por este e por moitos outros motivos, parabéns para
a nai de tantas fermosas criaturas e da(s) que aínda está(n) por vir.


P.S. A imaxe está tirada de http://dessine.moi.un.bebe.free.fr/images/logo_vert.jpg