4.9.06
Festa dos maiores
Esta fin de semana seica tivo lugar a de Melide. Outra volta “Superpiñeiro” e máis do mesmo que en O Carballiño e Vilalba pero cunha diferenza, desta volta o PSOE di o que dende o Bloque hai tempo que lle deberían facer chegar a Quintana a respecto destes actos e a súa presenza e actuación neles: «lembra os actos de clientelismo político de Fraga. Quintana e o BNG reproducen con exactitude os actos de propaganda aos que nos tiña afeitos Manuel Fraga e o PP durante tantos anos e que o propio Bloque criticaba entón».
O ‘cambio galego’ ten que ser moito máis que a descentralización e incremento deste tipo de festas ou a constitución de SOGASERSO.