30.9.06

Fisiognomica








Nunha das pausas da xornada falaba con AA da homenaxe a Carlos Varela Veiga e dos compañeir@s dos vellos tempos que alí se xuntaron. Sorprendeume o magnífico fisionomista que é AA e a súa capacidade para tirarlle parecidos ao persoal. Non sei se contaxiado por el ou por un anuncio dunha cadea de radio o caso é que me deu por buscar “dobres de” e non tardei en atopar o primeiro, o de Neira Cruz.

Da xornada, interesáronme moito as intervencións de Jordi Mas –ao que
entrevistan en “La Voz de Galicia” de hoxe-, Luís Teira e Ramón Flores. Tamén me parecen moi importantes as conclusións que proximamente verán a luz nas páxinas de CompostelaCultura.

Postos a facer suxestións, aínda que é difícil chegar aos potenciais destinatarios (para unhas isto é cousa dos lingüistas, para outros tema propio de informáticos, para os políticos cousas de técnicos e para os técnicos unha área de decisión política) cómpre seguir insistindo, reeditar esta experiencia e manter ese ‘punto neutro’ na procura da máis que necesaria confluencia.