26.9.06

Presentación e xornada de traballo



O vindeiro xoves, 28 de setembro, ás 20 h na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela vai ter lugar a presentación do libro Software libre. Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto da autoría Jordi Mas, coordinador xeral de Softcatalá, e traducido ao galego por Ana Salgado e Daniel Romero. No acto intervirán Jordi Mas, Tucho Calvo, (director literario de Biblos Clube de Lectores), Javier García Tobío (director do CESGA) e Elena Veiguela (directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia).

Ao día seguinte, tamén en Compostela e organizada polas
concellarías rexidas polo BNG, vai ter lugar unha xornada de traballo na que reflexionar sobre a localización, distribución e produción de software propio en Galicia. Entre os relatores, Jordi Mas, Elena Veiguela, Luis Teira, Manuel Portas, Juan Antonio Valiño e Ramón Flores. Para moderar-dinamizar os debates, Isabel Vaquero e Carlos Neira.