Xa van unhas cantas edicións. Non ten tanta transcendencia mediática e apoios institucionais coma o Felipop pero move a moita máis xente e aposta polos grupos da zona. Ao FeneRock non faltaron ‘vellas glorias’ (Burning ou hoxe Limones e Antonio Vega) pero se hai dúas cuestións que o definen é aposta polos grupos novos e que é ecléctico, como o propio ‘Sanva’, un barrio que Mario comezaba a coñecer tan ben.
‘Maikel’ e compañía fixeron do FeneRock un espazo no que se xuntan quen quere escoitar unha coral con heavies e motarras. Converteron o festival nun espazo de promoción tan importante para os grupos que as demandas para poder actuar colapsaron tódalas caixas de correo, así que acabaron facendo un concurso (no que me convidaron a participar como xurado) para escoller aos dous que como premio actúan esta fin de semana e gravan un DVD de promoción: ´Los Crueles’ e ‘Lost Psychotics’