Cando ficharon a Beckham argumentaron que era un magnífico xogador de fútbol, a peza que se precisaba para reforzar ao equipo e, ademais, unha persoa que viña ao club porque estaba identificado co proxecto deportivo. Na súa estada nos “madriles” encheu máis portadas da prensa rosa ca da deportiva. Agora, cando está a piques de marchar, todo o mundo coincide en que non era tan bo e nin xogou ao fútbol, nin fixo xogar ao equipo. Traballou intensamente para el, para o Bechkam “home-anuncio” e, dun xeito secundario, para o Beckham-futbolista.
Non é “mediático” pero ten sentido de equipo, cre que no fai, ten atrevemento e dá xenio velo xogar. Claro que se chama Andrés Iniesta e segue cun “look” máis ben clásico: non cambia de peiteado, tampouco adoita lucir outro tipo de aditamentos, non se lle ve en festas e outros actos sociais ou de representación....
Onte dicíame un amigo que, cada vez que miraba a prensa, tiña a sensación que no nacionalismo galego había demasiado persoal que “quere ser como Beckham” (e non se refería á rebeldía ou ao físico do xogador, senón quen actúa por el/ela e en función del/dela sen que o equipo lles importe máis que para conseguir os seus fins) e case ningún que intente imitar a Iniesta.
E non levará algo de razón?