15.9.06

Lingua, inspección/asesoramento e servizos sociais


A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar convoca no DOG de hoxe un curso de inspección en materia de servizos sociais. Dirixido ao persoal que traballa en Vicepresidencia ten como obxectivo “transmitir aos inspectores de servizos sociais as nocións básicas de tipo xurídico, técnico e psicolóxico para que desenvolvan o seu traballo coa maior eficacia, introducindo os conceptos teóricos necesarios para o seu labor de asesoramento e inspección”. Despois de ler o contido, pregúntome: a lingua en que se prestan estes servizos non é obxecto de inspección e asesoramento? Non sería conveniente introducir nocións básicas ao respecto?