18.4.07
Non me pasada nada
12.3.07
Xerardo Moscoso e “La gaviota”, en xira por Galiza
Xerardo Moscoso, á fronte do grupo de teatro “
"La Gaviota" está formado por estudantes e traballadores dos concellos de San Pedro de las Colonias, Fc. Madero e Torreón Coahuila e naceu como grupo para promover entre xoves e adultos o interese como futuros espectadores ou artistas potenciais.
Na súa estada no país representan as obras “Los perros” e “El árbol” da escritora mexicana Elena Garro.
11.3.07
Fábula: Π e o reino dos tres “is”
No territorio de Π reinaban os tres “is”: a incompetencia, a incapacidade e a irresponsabilidade.
2.3.07
Trabucado
«ENSINO EN GALEGO E GALESCOLAS
(...) Supoño que desa constatación parten algunhas iniciativas nesta materia do actual Goberno. Velaí o decreto da Consellaría de Educación que, segundo se anuncia, disporá que ao menos a metade da docencia nos niveis primario e medio se reciba en galego. É unha óptima noticia que este decreto saia avalado polos tres partidos parlamentarios, cousa lóxica se se ten en conta que esa medida se enmarca nas previsións Plan Xeral de Normalización Lingüística que elaborou o anterior goberno. A Xunta actual debe pór todo da súa parte en que o decreto se cumpra, e isto implica moita pedagoxía (especialmente cara ao profesorado), un decidido apoio por caso mediante a creación de material didáctico acaído, e tamén unha grande determinación que non se confunda a flexibilidade coa neglixencia. Por isto mesmo, chama a atención a nula visibilidade da Secretaría Xeral de Política Lingüística neste asunto. Andará a Secretaria aos biosbardos, como nos tiñan afeitos os seus predecesores no cargo?
Outra iniciativa importante para o galego é a anunciada creación da rede de centros de pre-escolarización (as galescolas) que está a pór en marcha a Vicepresidencia. Deixando á marxe andrómenas de mandilóns, trátase dunha das iniciativas máis significativas que ten nas mans este Goberno. Hai tempo que un pensa que se debera baduar menos coas linguas e tratar moito máis de falantes. A forza de enfatizar a sacralidade daquelas, acábase esquecendo que o verdadeiramente importante son as persoas que as falan. Cantas veces ten un a impresión de que se parrafea de máis coa aquela de defender, dignificar e promover o galego, e se pensa de menos en defender, dignificar e promover os/as galegofalantes. Por suposto que temos que preocuparnos polo idioma,... pero que tal se dedicamos unha pequena parte do noso esforzo a corrixir as evidentes desigualdades de todo tipo que pexan o desenvolvemento e o benestar da comunidade galegofalante? Unha boa porción dos recursos nominalmente asignados á política lingüística (e realmente reservados para mesteres menos píos), estarían mellor investidos nestoutro tipo de empresas. Noutra ocasión teremos azo para esgaravellar neste asunto.
Se non me engano, por aí van as galescolas. Se con elas melloran as condicións de vida, os recursos educativos e as opcións de futuro dun sector francamente desfavorecido da nosa poboación -a que vive no medio rural, contando cuns servizos, uns equipamentos e unhas oportunidades inequitativos da cima ao cabo-, e ao tempo se evitan aqueles ferintes maltratos que padeceron e padecen tantas persoas neste país (entre outras, a miña nai), e que tanto me custou explicar á miña filla, pois mel nas filloas.»
Tirado de: “Falando de falantes” en http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Falando/falantes/elpepuespgal/20070302elpgal_15/Tes
«IGUALDADE E INNOVACIÓN PRESENTAN A FERRAMENTA INFORMÁTICA DE XESTIÓN DOS BANCOS DE TEMPO NO RURAL
Estanse desenvolvendo dúas experiencias piloto en Foz e en Allariz e prevese estender a iniciativa a outros concellos interesados
Calquera persoa ou entidade interesada poderá acceder a esta ferramenta dende a páxina do SGI e dende mancomun.org»
Tirado de: http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=25&lista=0&canal=3¬icia=1060
Á vista do exposto, semella o trabucado era eu.
Agora xa o entendo. As bicicletas son para o verán e as “Galescolas” e os “bancos de tempo” para o rural.
1.3.07
Cyclos en galego
Hoxe estamos de noraboa. Leo en Mancomún que xa se pode descargar a versión en galego do Cyclos. Parabéns para quen o fixeron posíbel -Mancomún, Vicepresidencia, Servizo Galego de Igualdade, Innovación e Industria- e especialmente para APC polo seu labor de "fontaneiro” e para o de Cedeira porque nese forno cada día fan mellores produtos con sabor a país.
E xa postos a seguir pedindo, animalos a procurar os apoios necesarios para ter en galego os manuais, titoriais e demais documentación da aplicación.
28.2.07
Hai marxe
Expresei a miña opinión ao respecto e intúo que isto non fixo máis que empezar. Baséome en que nestes días “a pé de obra” escoitei opinións críticas (se teño vagar, hei publicar un resume) nas máis das veces rigorosas e fundamentadas. Algunhas (por exemplo, as relativas á non correspondencia entre o nivel de estudos académicos esixido para optar á praza de servizos xerais, certificado de escolaridade, e dous dos temas obxecto de exame, concretamente: «Tema
Non obstante, “pechar filas” sen reflexionar sobre se cometemos erros ou non; botarlle a culpa ao adversario; procurar “inimigos” fronte aos que reafirmarse; enrocarse; pensar que se fixo todo moi ben ou procurar xustificacións na presunta rapidez coa que houbo que actuar é coller tódolos boletos para volver repetir os mesmos erros e as mesmas dinámicas.
Parar, pensar, contrastar nas canles políticas e nas profesionais implica, por regra xeral, ter máis posibilidades de acertar, de facer as cousas ben.
- realización e corrección das probas,
- presenza de especialistas nas comisións de cualificación,
- proxecto pedagóxico
- servizo de cociña e persoal á fronte do mesmo
- períodos de inscrición
- criterios de provisión da dirección pedagóxica
- regulamento de funcionamento e órganos de participación
26.2.07
Outra política
Ten toda a razón Suso de Toro, foi para facer outra política. Tentei dicir algo semellante en forma de metáfora pero semella que cómpre ser máis explícito.
· Desaparezan determinados persoeiros, non polos últimos acontecementos, senón porque hai centos de motivos polos que nunca deberon estar aí.
· Aprendan que a participación é antónimo de “traballa para min e cando eu che pida opinión. Iso si, que o saibas: digas o que digas hei facer o que me pete e mesmo deturpar as túas propostas”.
23.2.07
Lapsus, vinganza ou cambio de estratexia?
"Vicepresidencia inviste máis de 700.000 euros en mellorar a habitabilidade da residencia de maiores da Milagrosa en Lugo As obras que están na fase de alegacións do proxecto, teñen un prazo de execución de 8 meses O secretario xeral da Vicepresidencia, Antonio Losada e a delegada provincial, Branca Rodríguez Pazos, presentaron esta mañá os traballos de mellora O secretario xeral, Antonio Losada, anunciou ademais a construción dunha nova residencia de Sogaserso na Mariña lucense."
Xúrovos que non é ninguha montaxe. A entradiña está tirada da propia páxina web da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
A min tamén me entrou a dúbida. Non sei se é que ao redactor ou redactora se lle foi o santo ao ceo, se é que pensa marchar e antes quixo vingarse do xefe ou se houbo consigna para que, postos a respectar as denominacións oficiais que se publican no DOG, mellor empezar pola propia casa e o nome de cada quen.
Como en moitas outras cousas, o tempo ha despexar a incógnita.
18.2.07
Seguridade nacional
Cóntanme que os técnicos do Departamento de Cultura e Deportes do concello de Fene propuxeron un itinerario para a II marcha cicloturística que percorría as ribeiras de Maniños, Barallobre, Perlío e San Valentín.
Solicitáronlle permiso a Navantia para poder atravesar a factoría e ir de Perlío a San Valentín. Aínda non recibiron o comunicado oficial pero, de xeito oficioso, a empresa xa lles fixo saber que non ían conceder autorización baseándose en “razóns de seguridade nacional”.